Como chegar
En tren
En avión
O aeroporto máis próximo de Braga é o aeroporto Sá Carneiro no Porto, cerca de 50 km de distancia. A ruta aeroporto-Braga tarda cerca de 50 minutos e o custo dun taxi rondará os 60-70 euros. No aeroporto é posible coller o metro á estación de Campanhã onde se pode coller o tren para Braga, de acordo coas indicacións que seguen:
Á saída da estación hai unha parada de autobuses e unha parada de taxis. Se o seu hotel estivese no centro, poderá tamén optar por ir a pé. Debaixo, encontrará algunhas indicacións máis pormenorizadas sobre cada unha das opcións.
- A estación de Braga recibe diariamente trens Alfa Pendular e urbanos. Á chegada é posible coller o taxi ou o autobús(TUB). O nº 43 é a liña máis directa á Universidade do Minho.
- Da estación de Campanhã, Porto, a viaxe a Braga pódese facer nun tren urbano. A viaxe tarda aproximadamente 60 minutos.
- Da estación de Santa Apolónia ou Oriente, Lisboa, a viaxe a Braga pódese facer nun tren Alfa Pendular que tarda aproximadamente 3 horas (ver horarios aquí).
- Horarios (en xeral) e prezos dos billetes pódense consultar en: http://www.cp.pt
En avión
O aeroporto máis próximo de Braga é o aeroporto Sá Carneiro no Porto, cerca de 50 km de distancia. A ruta aeroporto-Braga tarda cerca de 50 minutos e o custo dun taxi rondará os 60-70 euros. No aeroporto é posible coller o metro á estación de Campanhã onde se pode coller o tren para Braga, de acordo coas indicacións que seguen:
- Metro aeroporto -» estación de Campanhã: Liña: E (liña violeta); Tempo: 33 minutos; Frecuencia: cada 20 minutos; Horario: 06h00- 01h30;
- Notas prácticas: O billete cómprase nunha máquina dentro da estación. É preciso comprar unha tarxeta (o “Andante”) e cargala cunha ou máis viaxes. Antes de iniciar a viaxe é necesario validar a tarxeta. A tarxeta Andante débese conservar ata a fin da viaxe, podendo utilizarse noutras viaxes despois de cargala de novo.
- Os horarios e prezos dos billetes de metro pódense consultar en: http://www.metrodoporto.pt
Á saída da estación hai unha parada de autobuses e unha parada de taxis. Se o seu hotel estivese no centro, poderá tamén optar por ir a pé. Debaixo, encontrará algunhas indicacións máis pormenorizadas sobre cada unha das opcións.
- Autobús TUB (Transportes Urbanos de Braga) Liñas e rutas dispoñibles en http://www.tub.pt
- Taxi: Custo aproximado de 7 euros (estación de tren - Centro da Cidade) e 10 euros (estación de tren – Universidade do Minho). Na fin de semana e á noite, sobe un 20% este custo.
- Camiñar: Se o hotel estivese no centro da cidade, tárdase cerca de 10-15 minutos en chegar ao hotel, dependendo da localización do hotel. Para chegar da estación de tren ao centro, é relativamente simple pois basta seguir a rua Andrade Corvo. Será unha boa forma de tomar o primeiro contacto coa cidade.
Cidade de Braga
Braga é a cidade portuguesa máis antiga e unha das cidades cristiáns máis antigas do mundo; fundada no tempo dos romanos como Bracara Augusta, e conta con máis de 2000 anos de historia como cidade. Situada no Norte de Portugal, mais concretamente no Vale do Cávado, Braga ten 176.154 habitantes no seu concello (datos do INE, 2008), sendo o centro da rexión do Miño con máis dun millón de habitantes (2007).
Escollida polo Forum Europeo da Xuventude para Capital Europea da Xuventude en 2012, é unha cidade chea de cultura e tradicións, onde a historia e a relixión conviven coa industria tecnolóxica e co ensino universitario.
Braga é coñecida como a Roma de Portugal debido ás súas numerosas igrexas barrocas. A súa catedral, construída no século XII, é a máis antiga do país. Porto, Braga e Guimarães constitúen un atractivo triángulo turístico.
Para aceder ao mapa da cidade de Braga, pinchar aquí.
Sítios de interese:

Universidade do Minho
A Universidade do Minho (UM) ten unha poboación de 16.000 alumnos (2.000 nos posgrados). Dispón de 1.200 e 600 funcionarios administrativos e técnicos. A European Universities Association considerouna como un caso de estudo de boas práticas a nivel europeo. No proceso de avaliación máis recente da Fundação para a Ciência e Tecnologia (FCT), 19 das 29 Unidades de Enquisa da Universidade foron clasificadas como "Excelente" ou "Moi Bo" polos International Evaluation Panels.
A UM ten un campus en Braga (ver mapa) e outro em Guimarães (que está a cerca de 20 Km de distancia), cidade que é patrimonio mundial da UNESCO.
Planta da Universidade do Minho - Campus Gualtar en Braga: