• Presentación
  • Comisións
  • Programa
  • Inscrición
  • Envío de resumos
  • Información local
  • Aloxamento
  • Patrocinadores
  • Contactos

N O V A S !

As fotos dos Encontros de Biometría 2013 están dispoñibles aquí !

Cartel dos Encontros de Biometría 2013

benvida

O I Encontro Portugués de Biometría e o I Encontro Luso-Galaico de Biometría celebrarase do 14 ao 16 de xullo de 2013 na Escola de Ciências da Universidade do Minho en Braga, organizados pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO).
Estes encontros están dirixidos a profesionais e usuarios da estatística, académicos, investigadores e estudantes.

Obxectivos xerais:
  1. Reforzar a proxección da estatística no amplo campo da biometría.
  2. Ampliar o radio de acción das sociedades integrando a novos sectores das biociencias.
  3. Promover o intercambio e intensificar as relacións dentro de cada comunidade e entre as dúas comunidades estatísticas.

O programa científico dos encontros comprende un minicurso, sesións plenarias con conferenciantes convidados e comunicacións (orais ou pósters) seleccionadas.
Picture

Estes encontros de biometría intégranse nas celebracións do Ano Internacional da Estatística (Statistics 2013), no que participan máis de 1.400 organizacións, incluíndo a SPE e a SGAPEIO, para promover a importancia da estatística en todos os aspectos da sociedade.
Os Encontros de Biometría son apoiados pola rede BioStatNet (Galícia), Centro de Estatística e Aplicações da Universidade de Lisboa (CEAUL) e Departamento de Matemática e Aplicações (DMA) e Centro de Matemática (CMat) da Universidade do Minho. 
Picture
Picture
Picture
Picture
Português
Picture
English
Picture
Castellano
Copyright 2012.© SPE